Os nenos e nenas de 3 anos este ano descubrimos a Miró, pintamos coma el e imitamos unha das súas esculturas...
Este será o espazo web dos nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica que, durante os cursos 2015/16 e 2016/17, aprenderán de pintura e artistas a través de variadas e coloridas experiencias.
27/06/16
13/06/16
LEANDRO LAMAS EN 6º E.I.
Este ano conocimos moitos pintores con motivo do proxecto do centro e quixemos rematar na clase de 6º E.I. con Leandro Lamas, xa que ilustrou algúns dos poemas de Manuel María, como por exemplo no libro-CD Canta o cuco, onde estes son cantados por Uxía e Magín Blando. Desta maneira, primeiro buscamos na biblioteca libros que ilustrara Leandro Lamas, despois visonamos algunha das súas obras e, finalmente, fixemos a nosa propia interpretacións, cada un dun cadro distinto.
El juego de los niños de BRUEHEL
O martes os nenos e nenas de Educación Infantil fumos o Museo Etnolúdico de Ponteceso e estivemos analizando o cadro El juego de los niños de BRUEGHEL, que serviunos para coñecer moitos dos xogos tradicionais que agora xa están perdidos. Na clase de 6º E.I. buscamo en internet o cadro e fumos recordando algúns destes xogos coa axunda da seguinte páxina web.
12/06/16
ACUARELAS DE GALICIA
Despois de repasar os poemas de Manuel María, finalizamos o seu estudio na clase de 6º E.I. co poema de Galicia. Analizamos todos os versos buscando imaxes de Galicia que tiveran montañas, portos mariñeiros, cidades, ríos... tal e como indica o poema. O que mais nos gustou foi a versión de Suso Vaamonde.
Finalmente fixemos as nosas paisaxes de Galicia con acuarela e ceras brandas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)