26/06/17

PINTAMOS MOITO!



Neste vídeo recóllese parte do traballo realizado dentro do Proxecto Documental Integrado, Pintamos moito! que levamos a cabo durante estes dous anos. Tivemos presente a educación artística como unha parte esencial do proceso educativo, traballando a pintura dende unha perspectiva multidisciplinar e podendo levarse a cabo gracias a implicación de todo o claustro, o alumnado, as familias, a comunidade... E imposible recoller todo o traballo, a motivación, o esforzo, a ilusión, os aprendizaxes adquiridos... nun vídeo pero dalgunha maneira queda reflexado o enriquecimento que este proxecto supuxo para todos nos.

EMOCIONARTE final

Para culminar todo o traballo levado a cabo durante estes dous anos en torno a pintura, realizamos unha actividade final onde combinamos arte, música, emocións e TIC. Como xa explicamos en entradas anteriores, cada titor/a elixiu un cadro que representara unha emoción, unha música representativa para esa emoción e o equipo TIC encargouse de facer un código QR para cada cadro, desta maneira cada clase foi coa tablet descubrindo as músicas ocultas en cada cadro. Finalmente, cada aula representou o cadro elixido no Chroma obtendo este fascinante vídeo.


EMOCIONARTE DEFINITIVO from bemilladoiro on Vimeo.

24/06/17

Aqui aprendemos, xuntos soñamos!



Con este fermoso mural exterior, deseño do pintor e ilustrador Mon Lendoiro, damos por rematado o PDI deste curso escolar. Trátase dun mural colaborativo no que participou todo o alumnado do centro guiado polo artista carballés.
Grazas Mon polo teu traballo desinteresado e por contribuir a que teñamos un cole máis bonito!

23/06/17

MURAL MON LENDOIRO

Tivemos a gran sorte de contar co pintor carballés Mon Lendoiro para alegrarnos unha das paredes principais do centro e que cada vez que entremos nos invite a soñar e nos dea gañas de traballar. Ademias deixounos colaborar con moito coidado e seguindo as súas instrucións neste mural que finalmente fixemos entre todos. Aquí tedes algunhas das fotos dos nenos e nenas de 4 anos cos maiores de 6º de E.P. que traballaron conxuntamente: mural Mon Lendoiro.



PORTAS CON ARTE (Museo Milladoiro)

Unha das últimas actividades que realizamos neste proxecto foi convertir o noso centro nun verdadeiro museo pintando as portas das aulas con obras de arte, dende pintores galegos como Leandro Lamas, Viki Rivadulla, Urbano Lugrís, Maruja Mallo ata os máis internacionais como Picasso, Van Gogh, Terry Frost..., entre outros, finalizando co traballo realizado por Mon Lendoiro nunha parede exterior do centro. Podedes ver os laboriosos traballos no seguinte documento.

21/06/17

MUSEO MILLADOIRO

Hoxe estivemos visitando o Museo Milladoiro, parámonos en cada unha das paredes decoradas cos traballos dos nosos compañeiros/as intentando adiviñar que artistas traballaran. Ademais estivemos escoitando as músicas que cada clase elexiu para o seu cadro relaciondas cunha emoción, formando parte da actividade EmocionARTE. Nos as escoitamos a través dos códigos Qr descubríndoas coa tablet pero tamén se poden consultar todos os cadros, as músicas e emocións na páxina web creada pola mestra de música. Tamén estivemos visitando os circuítos dos alumnos e alumnas de 6º de E.P., tendo a sorte de que explicáronos algúns. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Emocionarte







15/06/17

EMOCIONARTE (4º E.I.)

A partir do cadro "Rompientes" da pintora Carlota Bueno Hermida, traballamos dúas emocións: o enfado e a valentía.

Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir do conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese desacougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vimos outros cotnos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Asé es mi corazón".

E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e, que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinte enlace NADARÍN.


09/06/17

Emocionarte

O noso PDI deste curso ten varios productos finais. Un deles é o que estades a ver.
Trátase dunha actividade na que reunimos cadros, emocións e música.

Cada aula escolleu unha (ou máis) obras de arte de entre as que coñeceron durante o Proxecto, identificaron a emoción que suxire o cadro e escolleron unha peza musical que, ao seu ver, expresa ben ese sentimento.

A profe de Música foi a encargada de ofrecer unha selección de pezas para que cada aula escollera aquela que se adaptaba mellor.

Encántanos o resultado pois fomos quen de falar de algo tan complicado como son as emocións e buscarlles distintos modos de expresión (plástica e musical)

O resultado é o que vedes. Premendo sobre a imaxe poderedes ver o traballo.

29/05/17

DOUS CANGREXOS DE VAN GOGH (4º E.I.)

Este é o cadro que escollemos para poñer na nosa porta da aula. Este cadro chámase Two Crabs de Van Gogh, cadro pouco coñecido, pero, que nos coñecimos gracias a aportación dun neno da aula.



26/05/17

A GALIÑA AZUL DE CASARES CON SAL



Para rematar o  Mes das Letras estivemos traballando a Galiña Azul de Carlos Casares. Realizamos sumas coas plumas da galiña azul e fixemos a nosa propia galiña cunha técnica nova que é tinguir sal cun contagotas. Todo o traballo o podedes ver premendo no seguinte enlace: a galiña azul






22/05/17

GORIGORI (4º E.I.)


Ilustrando contos: Feliz Feroz, o lobiño riquiño.

Feliz Feroz. O lobiño riquiño from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 2º, namoráronse do conto Feliz Feroz, o lobiño riquiñoe puxéronse mans á obra: ilustraron, aprenderon o texto, gravaron... e este foi o resultado. Os debuxos pasaron a cartolina negra e foron "vaciados" (esto fíxoo a profe Laura porque había que usar un cutter que resultaba perigoso para os pequenos) Logo, colocaron por detrás papeis de celofán de cores. Que disfrutedes!

15/05/17

Pictopoemocionario. 6º Primaria

Leer más publicaciones en Calaméo Aproveitando o achegamento que fixéramos ás obras de arte de tarefas anteriores, resaltamos a emoción que caracteriza cada cadro e expresámola de xeito poético. Velaí o resultado!

30/04/17

Mariñeiras de Viki Rivadulla

Os pícaros/as de 1º fixeron as súas propias reproducións dun cadro de Viki Rivadulla da súa colección "Mariñeiras".
Gozade das súas obras tanto como eles o fixeron pintando e montando o collage con elementos do mar. Cada unha das obras é única e especial, coma eles/as.
Uns verdadeiros artistas!


24/04/17

A NOITE ESTRELADA (4º E.I.)

Fixemos o cadro "A noite estrelada" de Vincnet Van Gogh basándonos no vídeo que atopamos en youtube, Van Gogh Starry Night Interactive Animation. Para facelo fomos a cociña a experimentar que ocorre cando mesturamos leite, lavavaixela e pintura de dedos. E, con esa mestura fixemos as estrelas do cadro. Tamén observamos que ocorre se en vez de pintura de dedos mesturamos con colorante.



Cadros e emocións

Como traballo final do noso PDI propuxemos emparellar cadros con emocións. Despois de achegarnos a tantas obras e tantos artistas, pensamos que se trata dun trballo moi motivador. Achegamos un listado de posibles emocións para que sexa máis doada a reflexión. Para practicas: Que emoción cres que se reflicte neste cadro?

04/04/17

PICASSO (5º E.I.)

Na clase de 4 anos, despois de traballar os músicos de Botero, comezamos analizar que outros pintores fixeran cadros de músicos e descubrimos a Picasso. O primeiro que fixemos foi buscar información sobre este gran pintor e aprendimos moito con este vídeo:




Con este vídeo e con diferentes libros que encontramos na biblioteca descubrimos moitas cousas de Picasso, entre elas que pasou por diferentes épocas e nunha delas comenzou a empregar a técnica do collage, por exemplo no cadro dos músicos, así que nos tamén intentamos facer a nosa propia producción, podedes ver todas as fotos desta actividade no seguinte enlace: músicos de picasso.



 Gustounos tanto os diferentes cadros de Picasso que para a actividade da PDI do museo das portas eleximos o cadro "Dos mujeres leyendo", que deunos moito traballo pintalo pero o resultado foi estupenda e a actividade resultou moi enriquecedora, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: Mujeres leyendo de picasso.




Por último, fixemos uns retratos imitando a Picasso que nos fixeron moito gracia porque colocaba os ollos, a nariz e a boca de forma rara... e o resultado dos cadros foron moi simpáticos. Ademais empregamos unhas pinturas especiais que son témperas sólidas, así que podedes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace: retratos Picasso.



PUNTILLISMO


Antes de marchar de vacacións de semana santa quixemos probar unha nova técnica plástica, o puntillismo, empregándolo para participar na elección da portada da revista escolar. Cada un fixo o seu propio debuxo e despois coloreámolo con esta técnica, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: puntillismo.



02/04/17

BARRO


Finalmente terminamos de pintar as figuras de barro que fixemos a semana pasada na olería de Buño, tiñamos que ter moito coidado porque algunhas romperon no proceso aínda que quedaron moi ben, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: barro.



13/03/17

MULLER TRABALLADORA, ARTE E TAC


Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora facendo diferentes actividades e algunhas delas gustáronos moito porque estaban relacionada coas novas tecnoloxías. Por unha parte, estivemos xogando cos escornabots unindo cada muller traballadora do circo de Botero co seu utensilio que precisa para actuar. E, por outro lado, fumos investigar que pintara uns cadros que tiñamos no corredor, pensando que foran todos homes os que os pintaran. Que sorpresa levamos cando acercamos a tablet e aparecía a autora do cadro, sendo todas mulleres: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Xulia Minguillón... Podedes ver todas as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: mulleres traballadoras




Biografía Urbano Lugrís

Muller traballadora na obra de Luís Seoane

ESCULTURA: FACEMOS MARCIANOS


Estre trimestre traballamos as esculturas, así que fixemos uns marcianos en plastilina!!!


10/03/17

Viki Rivadulla. Biografía

Biografia Viki Rivadulla_2017 from bemilladoiro on Vimeo.
O alumnado de 1º de primaria, coa súa profe Fátima Romero, agasalláronnos esta presentación coa biografía da pintora muxiá Viki Ribadulla. Unha fermosura!

21/02/17

BOTERO EN 5º E.I.


Esta semana comezamos a traballar o pintor, escultor e debuxante colombiano FERNANDO BOTERO. Primeiro estivemos analizando os seus cadros a través dunha presentación de power point, quedándonos claro que Botero pinta obxectos e persoas con volumen.



Fernando Botero de Salesianos Santander


Ampliando esta información cun conto de ZAMBA, visita o museo de Botero:



Despois estivemos traballando como nos dibuxamos nos  e como nos dibuxaría botero, quedando resultados moi simpáticos.



E o xoves convertémonos en pintores e escultores reproducindo algunha das obras de Botero, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: botero.

03/02/17

Liña do tempo dos estilos artísticos

Liña do tempo dos estilos artísticos from bemilladoiro on Vimeo.

Este traballo é do primeiro trimestre pero non queremos que se nos quede no tinteiro así que deixámola aquí para que todos poidades disfrutar co traballo do alumando de 6º.

02/02/17

Si los cuadros hablaran. II

Si los cuadros hablaran from bemilladoiro on Vimeo.
Este foi o resultado. Vencendo "os nervios", a timidez, o poder paralizante da cámara... velaí o resultado desta tarefa que nos resultou tan gratificante. Traballaron con entusiasmo e o resultado é moi, moi satisfactorio. Claro que, se volvésemos comezar...

26/01/17

Guernica. A Paz



Premendo sobre a imaxe poderás facer o crebacabezas dese cadro.
Xa sabes que se trata do Guernica pintado por Pablo Picasso

Para saber máis sobre o cadro podes visitar ESTE SITIO.
Estoutro tamén che valerá.

Tamén podes ver ESTE VIDEO
E tamén ESTE
E ESTE.

23/01/17

AUTORRETRATOS NA CAIXA DE LUZ


Seguimos traballando o autorretrato, esta vez completando unha cara con ollos, nariz e boca na caixa de luz. Empregamos botóns, tapóns, limpiapipas, ollos, narices e bocas de papel. Houbo moitos tipos de caras: bizcas, boca grande, ollos diferentes, etc.


Si los cuadros hablaran...

Velaí o resultado das primeiras tarefas deste proxecto. Reproduccións das obras estudadas e pequenos informes sobre as mesmas. Moito buscar, moito ler, moito escoller... e moito escribir. E, por último esta marabilla!
Porque cando o traballo se fai con gusto e con interés... o esforzo non parace tanto.
Recoméndovos que leades os informes con atención pois están moi documentados e fixeronse descubrimentos sorprendentes.
Parabéns, chicos! 
Agora preparamos a tarefa final. Toca agardar.

20/01/17

Mariñeiras de Viki Rivadulla

Os pícaros/as de 1º fixeron as súas propias reproducións dun cadro de Viki Rivadulla da súa colección "Mariñeiras". Gozade das súas obras tanto como eles o fixeron pintando e montando o collage con elementos do mar. Cada unha das obras é única e especial, coma eles/as. Uns verdadeiros artistas!