16/12/15

Autorretratos

Autorretratos from bemilladoiro on Vimeo.
Nenos e nenas autorretrátanse. Dentor do PDI anual, Pintamos moito

Nadal e arte

Arbores e arte from bemilladoiro on Vimeo.

Estas son as nosas árbores de Nadal, moitas delas decoradas cos cadros dos artistas seleccionados por cada aula.

08/12/15

MUSEO DO LOUVRE DE PARÍS





Divertido vídeo que invita os nenos e nenas a coñecer o museo do Louvre a través dos Loony Tunes. Buggs Bunny e o pato Lucas son perseguidos por Helmer e introdúcense e diversas obras de arte como La persistencia de la memoria de Dalí, El grito de Munch...

01/12/15

Miró

Noutros centros tamén se traballou este este. Deixovos un video dos nenos e nenas da Escola Unitaria de Vide (que foi pechada este curso) no que nos falan de Joan Miró. Vouvos deixar tamén o enlace directo a un dos seus blogues porque nesta escola traballábase moitíiiiiiisimo. Aínda podemos aproveitar tanto e tan ben feito.

28/11/15

Contame un cadro de medo: O roubo da cabeza (6º E.I.)

Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.



A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA" 

Como nos gustou tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.


samain from Sandra on Vimeo.

Pintamos con espuma de afeitar ( 5º EI )

Dentro da PDI "Pintamos moito", a clase dos superhéroes e superheroínas estamos traballando a evolución da pintura, comezmos pola arte rupreste, despois os xeroglíficos exipcios e esta semana o símbolo exipcio do Ollo de Horus. Para traballar esto último, fixemos un pouquiño de maxia, mesturamos cola branca, espuma de afeitar  e pintura negra, e fixemos a nosa obra dun modo divertido!!







INICIOS NA PINTURA (6º E.I.)

Nestes días adentrámonos un pouquiño máis no mundo da pintura cos retratos e os autorretratos, que leváronnos a descubrir a Van Gogh. Comezamos cun vídeo sobre os autorretratos dalgúns dos pintores máis famosos.





A partir deste vídeo analizamos diferentes estilos de pintura e quixemos facer os nosos autorretratos e, ademais, fixemos un retrato a un compañeiro e compañeira.











Descubrimos que un dos pintores que pintara moitos retratos e autorretratos foi Van Gogh e, ademais, que lle gustaba moito pintar xirasoles e puidemos observar un cadro destas plantas de cerca (aínda que non era de Van Gogh) e facer as nosas propias producións, esta vez empregando acuarelas.
















Este vídeo é un pequeno resumo de todo o traballo que realizamos:

18/11/15

SESIÓN DE CINE INFANTIL ( 5º EI )

Hoxe o ciclo de infantil tivemos una sesión de cine no centro cívico de Malpica. Vimos a peli de ParaNorman, gustounos moitísimo e pasamos un bo rato de medo, vendo como Norman salvaba á vila da maldición da bruxa!!


 

13/11/15

Archimboldo (6º E.I.)




Esta semana estivemos estudiando o traballo de Arcimboldo, un pintor italiano que realizaba os seus cadros con elementos da natureza, especialmente con froitas e verduras. Tanto nos gustou que nos tamén quixemos facer os nosos cadros e os nosos retratos. Ademais fixemos un dos cadros de Arcimboldo coa técnica do puntillismo.






09/11/15

Cóntame un cadro... de medo!

Este foi o resultado. Un libro que recolle todas as narracións inventadas ao fío do cadro proposto en cada aula. Unha marabilla!

19/10/15

Artistas seleccionados

EI 3 anos: Joan Miró
EI 4 anos: Viki Ribadulla, Frida Khalo
EI 5 anos: Luís Seoane, Archimboldo, Van Gogh
1º: Leandro Lamas, Matisse
2º: Peteiro, Kandinsky
3º: Mª Antonia Dans, Claude Monet
4ºA: Laxeiro, Andy Warhol
4ºB: Colmeiro, Velázquez
5º : Maruja Mallo e Francisco de Goya
6º:  Urbano Lugrís, Salvador Dalí

Esta é a selección de artistas que fixo cada aula. A idea é traballar un artista galego e outro de fora. Todos eles de talla mundial.

Ao longo do curso cada aula irá achegándose a eles/as.

E.I.4 anos: Murciélago. Fragmento


Da obra EL murciélago de Spartacus Chetwynd, escolleron un fragmento. A obra completa podese ver aquí

E.I. 5 anos: El espantapájaros. César G. Pola

A imaxe procede de aquí

Entre todos os nenos e nenas de 6º E.I. creamos o seguinte conto de medo:

"O ROUBO DA CABEZA"
Era Samaín, 31 de outubro, e a noite caía fría, ventosa... Un pobre espantallo atopábase só no medio da leira cando estaba apiques de caer unha gran tormenta. Vestido coa súa roupa vella, a súa cabeza de cabaza e o seu vello sombreiro de palla, tremía de frío e de medo cos primeiros raios e tronos. Comezou a chover e chover, a caer mais e mais raios, cando de súpeto un gran lostrego iluminou o ceo e o raio caeu encima das rapos vellas do  pobre espantallo. O lume estendeuse velozmente polo seu traxe deixándolo feito anacos.

Alleo á tormenta, e como noite de Samaín que era, apareceu un vampiro con fame, quería sangue, e vendo aquel espantallo tan desvalido pegoulle unha dentada no seu pescozo para obter a cea, coa sorpresa de que a súa boca enchéuselle de palla e moi enfadado, pola fame que tiña, roubóulle o sombreiro o pobre espantallo.

Non lle deu tempo o espantallo de queixarse da súa mala sorte, cando de súpeto apareceron catro lobos. Rodeárono, cheirárono... e como sabía que non era carne, o único que fixeron foi arrancar as poucas roupas sen queimar que lle quedaban.

Pobre espantallo, como podía ter nunha noite tan mala sorte? que mais lle podía pasar? Non, non pode ser! pois non viña ahí un oso que lle mordeu nas súas pernas, pero o seren estas de madeira e oso ter fame, rouboulle a cabaza que tiña por cabeza.

Xa non tiña roupa, xa non tiña sombreiro e tampouco tiña cabeza... tanta pena lle deu os paxaros, que a pesares que todos os días os espanta para que non coman as sementes, axudaron o desvalido espantallo e recuperaron o seu sombreiro  que levara o vampiro, a roupa dos lobos, a cabaza que aínda non comera o oso e incluso apagáronlle a roupa.  Dende aquel día, o espantallo agradecido déixalles comer algunha semente os seus novos amigos, os paxaros.

E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATO, E SE MOITO MEDO PASACHES, TEN COIDADO CON ESTAS PERSONAXES.